IV Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

por davidgp el 02/03/2009

Desde Enxeñería sen Fronteiras me han enviado la seguiente información sobre IV Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

IV Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a cuarta edición do curso Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

A través del, Enxeñería Sen Fronteiras persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións. Exporase ademais a importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.

O curso ten unha duración de 60 horas e desenvolverase durante o mes de marzo (6, 7 e 8; 20, 21 e 22) no campus sur de Santiago de Compostela. O Campus de Lugo disporá dunha edición de curso, se ben as datas do mesmo atopánse todavía sen confirmar. O curso está dirixido a toda a poboación universitaria e, en xeral, a todos aquelas persoas que están interesadas na cooperación ao desenvolvemento.

O prazo para matricularse no Campus de Santaigo estará aberto ata o mércores 6 de marzo do presente ano 2009.

Leave a Comment

Entrada anterior:

Entrada siguiente